En marcha a segunda fase de mellora de camiños de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O segundo plan de mellora dos camiños municipais de Cerdedo-Cotobade xa é unha realidade. O Concello iniciará nos próximos días a reforma viaria nas parroquias de Figueroa, Tomonde e Folgoso.
O proxecto conta cun orzamento próximo aos 35.000 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación e servirá para mellorar o pavimento de 18 tramos destas tres localidades do termo municipal de Cerdedo.
O obxectivo do goberno local é acometer a obra nas primeiras semanas do verán para aproveitar o bo tempo que permitirá un mellor acabado dos traballos.
Trátase da segunda parte do plan de camiños que se acomete no termo municipal despois do xa executado en Viascón, parroquia na que foron investidos 50.000 euros para a mellora das súas estradas.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade mellorará a visibilidade entre A Rocha e Viascón con novos puntos de luz
Por Redacción |
-
A estrada municipal entre Cavadosa e Caroi vai mellorarse cun investimento de 43.000 euros
Por Redacción |
-
Carballedo, Tenorio e Cerdedo contarán cun programa de conciliación en agosto
Por Redacción |
-
O inventario de todos os camiños de Cerdedo xa está en mans do goberno local
Por Redacción |