Aberto o prazo para inscribirse nas preto de 400 prazas para actividades de Ponteverán
Por Anxo Lourido
Alberto Oubiña, concelleiro de Xuventude, presentaba este venres a nova edición de Ponteverán, que abriu o prazo para a inscrición nun ano que será "diferente", segundo indicaba o representante municipal.
Este programa de lecer ara a infancia e a xuventude durante os meses de verán vai destinado a persoas con idades comprendidas entre os 5 e os 30 anos, preferiblemente residentes no municipio de Pontevedra.
Oubiña sinalaba que se levarán a cabo as actividades atendendo ao distanciamento social e cumprindo cos protocolos de seguridade sanitaria en grupos reducidos e priorizando as accións ao aire libre. Entre outras medidas, evitarase o uso de transporte colectivo e as persoas que se inscriban, ou os seus titores legais, deberán asinar un compromiso de hixiene. O concelleiro afirma que non se cancelou co obxectivo de incentivar a actividade cultural e tamén económica ao mesmo tempo que a xente nova poderá socializarse despois do período de confinamento.
O prazo para inscribirse iníciase este venres 26 e as prazas sitúanse preto das 400 para as distintas actividades, que contan cun orzamento de 18.000 euros.
As persoas interesadas poderán realizar a solicitud de inscrición en todos os apartados nos que queira participar e a organización será a encargada de realizar unha selección equitativa para que, cando menos, cada solicitante poida participar nalgunha actividade. Nos casos de propostas con gran demanda vai realizarse un sorteo das prazas, como último recurso.
A páxina web onde apuntarse é apuntate.pontevedra.gal ou a través do teléfono do departamento de Xuventude 986.840.367 ou no correo electrónico xuventude@pontevedra.gal
Todas as actividades son gratuítas e buscan fomentar valores de inclusión, creatividade e igualdade. As propostas son as seguintes:
Cultura e aire libre
8-12 anos
- Campamento urbano 'Corpos': 20-24 de xullo (9:30 -13:30)
- Campamento urbano 'Kamishibai: contos na rúa': 3-7 agosto (9:30-13:30)
9-15 anos
- Curso de iniciación ao piragüismo en Ponte Sampaio: 6-17 xullo (12:30-14:00)
- Curso de iniciación ao piragüismo en Ponte Sampaio: 20-31 xullo (12:30-14:00)
12-15 anos
- Campamento urbano 'Movemento: 27-31 xullo (9:30-13:30)
13-17 anos
- Multiaventura “Pontevedra polos 4 costados': 13-17 xullo (10:00-14:00)
13-30 anos
- Obradoiro de graffiti no Gafos: 21,23,28 e 30 xullo (11:00-13:00)
- Torneo PvP POKEMON GO: Liga Cliffhader: 9 xullo (11:00-13:00)
- Noite europea dos morcegos: 29 agosto (21:00-23:00)
16-30 anos
- Observación astromómica no miradoiro do Verduxo: 8 agosto (22:00-01:00)
- Achegamento ás aves e roteiro polo Lérez: 29,30 e 31 xullo (11:00-13:30)
- Roteiro Cultural polo Camposanto de San Amaro (diurno): 24 xullo (20:00-22:00)
- Roteiro Cultural polo Camposanto de San Amaro (nocturno): 24 xullo (22:30-00:30)
18-30 anos
- Observación astronómica no observatorio de Cotobade: 14 agosto (22:00-01:00)
- Roteiro en kaiak polo Lérez: 12 xullo (10:00-12:30)
- Roteiro en kaiak polo Lérez: 8 agosto (10:00-12:30)
Todas as idades, a partir de 5 anos
- Xornada de orientación urbana no Centro Histórico: 15 agosto (9:00-14:00)
Cutura Dixital
8-12 anos (9:30-13:30h)
- Holografía e realidade virutal: 6-10 xullo
- Robótica: 13-17 xullo
- Programación: 20-24 xullo
- Impresión 3D: 27-31 xullo
13-18 anos (9:30-13:30h)
- Creación APPs para móbiles: 6-10 xullo
- IOT Internet das cousas: 13-17 xullo
- Impresión 3D: 20-24 xullo
- Programación: 27-31 xullo
13-30 anos (12:00-13:30h)
- Informática: presentacións off e online: 1-16 xullo (martes, mércores e xoves)
- Informática: deseño de carteis e folletos (SCRIBUS): 21 xullo-6 agosto (martes mércores e xoves)
- Informática: os meus datos na nuve e seguridade na rede: 11-27 agosto (martes, mércores e xoves)