O albergue de peregrinos prepárase para a reapertura coa entrada en xullo
Por Redacción
A Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago prepárase a reapertura gradual a partir do 1 de xullo, data na que tamén abrirán a Catedral de Santiago e o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino onde se expide a Compostela que acredita culminar a peregrinación.
Entre os albergues que abrirán primeiro atópanse o da cidade de Pontevedra e tamén o de Portas, ademais dos da Gudiña, Begonte, Betanzos, Boimorto, Carral, Castroverde, Lalín, Laza, Mesía, Miño, Monterroso, Mos, Neda, Ordes, Pontecesures, Samos, San Cristovo de Cea, Sandiás, Teo, Trasmiras, Valga, Vedra, Verín, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
Trátase segundo a Xunta de Galicia, a través do programa Camiño Seguro coordinado cos municipios, dos albergues considerados como máis necesarios ao supoñer máis do 50% do total de prazas de aloxamento en cada municipio.
O resto de centros iranse abrindo de maneira progresiva ata setembro, cando está previsto que toda a rede estea completamente operativa.
O obxectivo, sinala a admnistración autonómica, é garantir a atención aos peregrinos en cada itinerario e, ao mesmo tempo, propiciar a reapertura dos establecementos privados recuperando a actividade económica e os empregos nas súas comarcas. Con esta mesma finalidade, os albergues públicos manterán unha capacidade máxima do 50%, mentres que no resto de albergues permitirase incrementar a porcentaxe ata o 75%.
Para achegar as maiores garantías posibles ás peregrinos no actual contexto sanitario, está previsto habilitar nos próximos días un sistema online de reservas, que convivirá coa posibilidade de solicitar praza presencial ao chegar ao albergues sempre que dispoña de capacidade. Así, os peregrinos poderán reservar cama desde o día anterior ata as 13:00 horas do día da pernoita. A partir desa hora, se o albergue dispón de prazas libres, estarán a disposición dos peregrinos que cheguen.
Relacionadas:
-
O Albergue de Peregrinos estrea as instalacións que o converten no local de máis capacidade do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Adrián, un opositor de Torrejón, primeiro peregrino en estrear o novo albergue post Covid-19
Por Natalia Puga |
-
Termómetro nada máis chegar, botas desinfectadas e un terzo do aforo: así se adapta o albergue aos peregrinos da era Covid-19
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Celebran a mobilidade interprovincial realizando o Camiño de Santiago en bicicleta desde Pontevedra
Por Redacción |
-
"Os valores do Camiño Xacobeo reforzáronse, facelo vai ser moi terapéutico"
Por Marisa Ciordia |