A Oficina de Turismo vai instalarse na antiga Casa do Concello
Por Redacción
A concellería de Promoción Económica e Turismo trasladará a Oficina de Turismo ao edificio da Casa do Concello, que se atopa situado na praza de España. Está previsto que no mes de xullo o servizo ofrézase nestas dependencias.
O investimento para a remodelación do espazo achégase aos 18.000 euros e instalaranse dous mostradores con cuberta, un moble de almacenaxe e dous grandes paneis informativos de Visit-Pontevedra.
A concelleira socialista Yoya Blanco agarda que nas primeiras semanas de xullo se acometan todos os traballos de traslado para que, canto antes, poida entrar en funcionamento para atender aos turistas que cheguen á cidade durante este verán. Tres persoas contratadas serán as encargadas de ofrecer información en quendas para que sempre haxa dúas persoas nos postos.
A concelleira afirma que a Casa do Concello é un punto de referencia para os turistas que se acheguen ata as Rías Baixas e ademais avanza que as visitas guiadas partirán deste espazo a partir de agora.
No exterior do antigo edificio consistorial contará cun elemento de mobiliario de máis de dous metros de altura, con forma de banco e cun gran símbolo de información, ademais dunha xardineira. A intención desde a concellería é que se converta nun espazo perfecto para realizar unha foto de recordo da cidade.
Relacionadas:
-
A reforma da antiga Casa do Concello licitarase nun mes e estará rematada no 2022
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A casa do concello da Praza de España recuperará a súa función institucional
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Pontevedra, a polo turista do norte de España e Portugal coa campaña #VuelvoaPontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Reapertura da oficina de Turismo Rías Baixas no Palacete das Mendoza
Por Redacción |
-
O turismo volverá en xullo pero as axencias de viaxe de Pontevedra seguen pechadas
Por Manu Otero |