Lembran a necesidade de resintonizar os televisores a partir do 1 de xullo
Por Redacción
A Oficina Técnica do Dividendo Dixital en Galicia alertou ao Concello de Cuntis das actuacións nos centros emisores de televisión da zona. Estas operacións están relacionadas co proceso de liberación do segundo dividendo dixital para homoxeneizar a cobertura da sinal TDT e liberar espazo para as redes 5G.
Os traballos realizaranse o mércores 1 de xullo no centro TDT situado na cima do monte Xesteiras, que fornece de sinal á poboación do municipio de Cuntis. O apagamento das frecuencias de emisión actuais e o aceso das novas frecuencias pode ter repercusión nas canles de televisión que se ve nos fogares.
Por este motivo, desde o goberno local lembran que é necesario levar a cabo unha resintonización para poder ver todas as emisións de televisión. Será necesario que se busquen as canles no receptor de TDT para localizar aqueles que fosen desprazados.
Calquera dúbida que se presente poderá ser consultada coa Oficina do Dividendo Dixital de Galicia a través do teléfono 881.866.388.