O PSdeG considera “unha mala broma” que Feijóo viñera a Pontevedra “a reverdecer as súas promesas incumpridas de 2016”
Por Redacción
Paloma Castro e Rafael Cotelo, os dous representantes de Pontevedra na candidatura do PsdeG-PSOE ás vindeiras Eleccións Autonómicas, amosan a súa sorpresa pola última visita de Alberto Núñez Feijoo á cidade de Pontevedra para gravar un vídeo nun monte para "reverdecer as mesmas promesas electorais que xa fixo no ano 2016 e que, catro anos despois, están incumpridas".
Das 12 promesas realizadas por Feijoo, hai unha decena sen cumprir, segundo os socialistas: a variante de Alba, o acondicionamento da estrada a Ponte Caldelas, os 15 quilómetros de sendas peonís-ciclistas, o saneamento integral da ría de Pontevedra, o transporte metropolitano, a construción do novo pavillón de ximnasia deportiva, a nova residencia de maiores con capacidade para 120 persoas, o impulso á instalación de empresas no polígono da Reigosa, a reforma do IES Torrente Ballester e a ampliación do hospital de Montecelo.
Castro e Cotelo subliñan que Feijoo se comporta “non como un señor que presidiu a Xunta de Galicia durante os últimos catro anos, senón como un Michael J. Fox que é quen de subir ao coche oficial e viaxar catro anos no tempo como se nada tivera pasado para prometer exactamente as mesmas cousas”.
Sinalan que o único do que pode falar a Xunta é do comezo das obras, con atraso, da conexión das estacións de ferrocarril e autobuses. Por este motivo, cren que a xestión de Feijóo merece un "suspenso rotundo". E apuntan a que chegou o momento de Gonzalo Caballero, candidato do PsdeG-PSOE, para asumir o goberno de Galicia.
Relacionadas:
-
Pedro Duque asegura que "no es tiempo de gobiernos conservadores"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os socialistas acusan a Núñez Feijóo de "esquecerse das mulleres"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PSOE promete endurecer as penas por maltrato e abandono de animais na súa campaña electoral
Por Redacción |
-
Pedro Duque fará parada en Pontevedra no acto central da campaña do PSOE
Por Redacción |
-
A carreira electoral ata o 12X arranca en Pontevedra cunha atípica pegada de carteis
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Gonzalo Caballero pedalea por Pontevedra para presentar unha estratexia global do PSOE de fortalecemento do deporte
Por Redacción |