O PSOE promete endurecer as penas por maltrato e abandono de animais na súa campaña electoral
Por Redacción
As instalacións da protectora Os Palleiros en Campañó recibiron este luns a visita dos candidatos do PSOE á Xunta Paloma Castro, Rafael Cotelo e Manuel Loureiro. Durante o percorrido polas distintas estancias da entidade, os socialistas mostraron o seu compromiso de modificar a lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia para endurecer as penas por malos tratos e abandono.
"Os animais, ao igual que nós, son seres sensibles á dor e á crueldade, coa diferencia de que eles non poden manifestar nin denunciar as inxustizas das que frecuentemente son vítimas", alegaron durante o paseo no que tamén participaron os concelleiros Tino Fernández e Iván Puentes.
Paloma Castro, que é a número 3 da lista do PSdeG pola provincia de Pontevedra e é concelleira de Benestar Animal no Concello de Pontevedra, subliñou a necesidade de "desenvolver plans coordinados entre os concellos en materia de xestión de refuxios, protección e adopción de animais abandonados, incluíndo bonificacións fiscais".
Tamén apostan polo desenvolvemento de campañas de sensibilización tanto no ámbito educativo como na poboación xeral sobre a tenencia responsable de animais.
Os socialistas lembraron ademais que o seu programa electoral inclúe plans de protección das especies protexidas de Galicia, con políticas de colaboración entre as distintas administracións.
Relacionadas:
-
O PSOE aposta por potenciar o campus de Pontevedra e estender o seu 'modelo verde' á cidade
Por Redacción |
-
Benestar Social aumentará en 165.000 euros o seu orzamento para afrontar os gastos excepcionais derivados da crise sanitaria
Por Redacción |
-
O PSOE denuncia "o abandono da dependencia e a desatención ás persoas maiores por parte da Xunta do PP"
Por Oskar Viéitez |
-
Un itinerario peonil e ciclista pola PO-546 para "romper fronteiras" entre Pontevedra e Marín
Por Redacción |
-
Os socialistas acusan a Núñez Feijóo de "esquecerse das mulleres"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pedro Duque fará parada en Pontevedra no acto central da campaña do PSOE
Por Redacción |
-
O PSdeG considera “unha mala broma” que Feijóo viñera a Pontevedra “a reverdecer as súas promesas incumpridas de 2016”
Por Redacción |