Detido por agredir cunha barra de ferro á súa ex parella, unha muller embarazada
Por Redacción
Axentes da Policía Local detiveron un home que está acusado de agredir a súa ex parella, unha muller que está embarazada, cunha barra de ferro.
A agresión, que está a ser investigada como un delito de violencia machista, produciuse sobre as 06.40 horas da madrugada do domingo no domicilio da vítima, situado na rúa Rúa Nova de Arriba, segundo informou a Policía Local de Pontevedra.
A muller relatou que fora agredida pola súa ex parella, co que xa non convive, cunha barra de ferro que impactou na súa cabeza e na súa man dereita.
O agresor, segundo explicou a vítima, acudiu á vivenda coa escusa de recoller as pertenzas que aínda tiña no piso e timbrou de maneira insistente ata que a muller abriu a porta para que non seguise molestando aos veciños.
Non era a primeira vez, segundo a muller, que recibía golpes e ameazas por parte do detido a pesar de advertirlle en varias ocasións que estaba embarazada.
Os axentes localizaron o home en compañía dun amigo cando se dirixía en coche ao seu propio domicilio. Ao solicitarlle a documentación, tratou de fuxirse a pé e foi interceptado aos poucos metros.
Relacionadas:
-
Detidos dous homes en Pontevedra por senllos episodios de violencia machista
Por Redacción |
-
Investigan unha pelexa no botellón na que un mozo recibiu un botellazo na cabeza
Por Natalia Puga |
-
Unha pelexa na cola do probador de Zara acaba con tres mulleres en Urxencias
Por Natalia Puga |
-
Unha condutora dá positivo en alcohol tras un espectacular accidente en Marcón que deixou ferido ao acompañante
Por Redacción |