Arranca o Concilia Bueu coa participación de máis de setenta nenos e nenas
Por Redacción
Máis de setenta nenos e nenas participan desde este mércores nunha nova edición dos campamentos Concilia Bueu, organizados polo Concello durante os meses de xullo de agosto.
Os participantes, que teñen entre 3 e 12 anos, gozarán de dous obradoiros que se farán en diversos grupos e que tratarán sobre artes plásticas e patrimonio cultural de Bueu.
Macu Rodríguez, concelleira de Benestar Social, explicou que este programa social ten por obxectivos favorecer a conciliación laboral e familiar e ofrecer unha alternativa de lecer para os nenos que estiveron tanto tempo nas casas debido ao confinamento domiciliario.
Por iso, e como medida excepcional, o programa será de balde para as familias, asumindo o Concello a totalidade do custe do mesmo.
Así mesmo, o Concello garantirá a seguridade e hixiene nos dous obradoiros. Así, as nenas e nenos participantes dividiranse en grupos de nove persoas que se distribuirán entre certos espazos do CEIP A Pedra e do IES Johán Carballeira.
Relacionadas:
-
‘Concilia Bueu’ despídese ata o próximo verán
Por Redacción |
-
'Concilia Bueu', un programa de conciliación con 100 prazas en xullo e agosto
Por Redacción |
-
Bueu activa un programa de apoio psicolóxico para menores
Por Redacción |
-
O CEIP A Torre de Cela inaugurou unha biblioteca inclusiva e creativa
Por Redacción |