A Fundación Amigos de Galicia logra a inserción laboral de 20 persoas na provincia durante o mes de xuño
Por Oskar Viéitez
A Fundación Amigos de Galicia logrou a inserción laboral de 20 persoas na provincia durante o mes de xuño. En toda Galicia a entidade realizou 659 atencións de orientación laboral neste mes, conseguindo a inserción de 75 persoas.
Na provincia de Pontevedra, o persoal técnico de orientación realizou un total de 197 atencións de orientación laboral durante o mes de xuño a persoas da provincia que se atopan en situación de procura de emprego, conseguindo a inserción de 20 persoas.
Desde o 01 de xullo o persoal retomou a actividade presencial na oficina situada no Edificio Administrativo Benito Corbal, mediante a modalidade de cita previa.
O persoal da entidade asegura que "a crise do mesmo xeito que impactou de forma moi distinta entre os distintos sectores da economía, tamén o fixo segundo a idade dos traballadores, xa que a metade da destrución de emprego (sen contar ERTE) concéntrase entre os menores de 35 anos".
"Das nosas atencións constatamos que moitos destes mozos exponse como unha saída á súa situación a preparación de oposicións", asegura o persoal técnico da oficina de Benito Corbal.
No que respecta a os usuarios, "continúa o pesimismo xeneralizado con respecto a conseguir un emprego unido ao aumento das dificultades á hora de facer fronte aos pagos de hipotecas, alugueres, recibos de subministracións, etc co que seguimos facendo un maior esforzo nas accións motivadoras, de información sobre as axudas ás que terían acceso e ao impulso das estratexias de procura de emprego", aseguran.
Ademais de centrarse na procura de emprego, o persoal de orientación laboral da entidade tamén está realizado numerosas atencións relacionadas cos trámites de prestacións por desemprego, solicitudes do Ingreso Mínimo Vital, e cuestións relacionadas coa administración pública para a que necesitan apoio.
Relacionadas:
-
O Salnés envórcase con Amigos de Galicia para que ningún neno quede sen agasallo de Nadal
Por Redacción |
-
A Fundación Amigos de Galicia recolle curriculums para traballar na vendima
Por Oskar Viéitez |
-
A Fundación Amigos de Galicia realiza un novo envío de roupa e diverso material para o proxecto 'Ilusión por Angola'
Por Redacción |