Denuncian máis de oito dias de agarda para unha cita co médico de saúde en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis realizou este xoves unha queixa pública á xestión do Servizo Galego de Saúde porque non cubriu as vacacións dun dos tres facultativos do centro de saúde e a situación está a xerar "esperas inasumibles" de máis de oito días para unha cita co médico de familia.
O alcalde, Manuel Campos, considera que estes prazos son "absolutamente inasumibles" en calquera servizo de saúde pública digno, pero aínda máis tendo en conta que a situación xerada polo coronavirus xa atrasou multitude de citas e de probas médicas no seu momento.
Manuel Campos fala dunhas situación de "abandono inxustificado e continuado" por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e considera "inaceptable" que a veciñanza de Cuntis teña que continuar sufrindo unha desatención "dende hai anos".
O alcalde atribúe a situación aos "recortes do PP" e denuncia que os profesionais do centro de saúde se ven "sobrecargados" porque hai que sumar os atrasos acumulados durante a pandemia do coronavirus a que agora teñen que cubrir a axenda de traballo dun compañeiro.
Engade que a calidade da atención tamén se ve afectada pola saturación do servizo, "mentres o Sergas mira para outro lado" e alerta de que se a Xunta non toma medidas urxentes e reforza o persoal médico a situación pode empeorar durante o verán.
Ademais, Manuel Campos insiste en que "chove sobre mollado" e que a situación de precariedade e desatención por falta de persoal médico se repite ano tras ano a pesar das denuncias e reclamacións constantes efectuadas dende o Concello e dende a propia cidadanía, que o ano pasado mesmo saíu á rúa para reclamar o servizo de pediatría.
Relacionadas:
-
Alertan da "precariedade" da atención no centro de saúde de Cuntis, que o venres quedou sen médico
Por Redacción |
-
A aula CeMit de Cuntis acollerá durante xullo e agosto actividades formativas sobre redes sociais
Por Redacción |
-
O Sergas instalará un punto de triaxe na entrada de varios centros de saúde para cribar o acceso de pacientes
Por Redacción |
-
Cuntis leva ao Valedor do Pobo e ao Defensor del Pueblo a situación do centro de saúde
Por Redacción |
-
O Sergas sae ao paso das queixas na Atención Primaria de Caldas e Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis considera "insuficiente" as medidas do Sergas para mellorar o servizo do centro de saúde
Por Redacción |