Ángeles Vázquez apela á muller emprendedora para lograr o desenvolvemento "pleno e duradeiro" do rural
Por Redacción
As mulleres que optaron por emprender teñen un papel "fundamental", segundo asegurou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para avanzar cara a un desenvolvemento "pleno e duradeiro" do rural galego.
Así o afirmou Vázquez nun encontro con mulleres celebrado en Santa María de Xeve (Pontevedra), no que estivo acompañada da secretaria xeral de Igualdade, Natalia Prieto, e os candidatos Lupe Murillo e Guille Juncal.
Todas elas avogaron pola integración e a visibilización social das mulleres rurais en Galicia, entendendo o seu valor, fomentando o seu empoderamento, apostando pola súa capacidade para emprender e facilitando a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
"É imprescindible un cambio cultural para poñer en valor o papel da muller, condición necesaria para un crecemento do medio rural intelixente e sostible", sinalou Natalia Prieto, que ve "fundamental" combater a discriminación que sofren as mulleres no rural.
Para iso, a dirixente autonómica sinalou que "é clave" impulsar a incorporación das mulleres ao mercado laboral, garantindo a súa participación no desenvolvemento económico dos núcleos rurais de Galicia.
A este respecto, Lupe Murillo destacou a necesidade de traballar en medidas para facilitar a conciliación para que homes e mulleres compartan as responsabilidades familiares, porque considera "imprescindible" que as mulleres do rural que decidan participar no mercado laboral "poidan facelo en igualdade de condicións".
RUEDA, EN CAMBADOS
Nas eleccións galegas do 12 de xullo hai, segundo Alfonso Rueda, dúas opcións para liderar a Xunta de Galicia. Unha, encabezada polo PP, que aportará un goberno "estable e con experiencia" e outra encarnada nun multipartito "sen criterio nin liderado".
Nun mitin celebrado este xoves en Cambados, Rueda recordou que a "única aportación" que os partidos da oposición fixeron a Galicia foi "criticar a Feijóo" e ao seu goberno.
"Todos falan de Feijóo mentres nós falamos de Galicia", explicou o candidato popular, que engadiu que o seu partido está preparado para xestionar a Xunta "desde o primeiro momento" xa que teñen "propostas, programa, respostas, equipo e experiencia en xestión de crise".
Relacionadas:
-
A Deputación súmase ao Día Internacional das Mulleres Rurais
Por Cristina Saiz |
-
O PP pide non caer no exceso de confianza e tampouco no medo de ir a votar o domingo
Por Oskar Viéitez |
-
Pablo Casado repite en Pontevedra para "falar ben de Galicia e de Feijóo"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Rueda anima a votar "con contundencia" ao PP para evitar "experimentos"
Por Redacción |
-
Feijóo propón a equiparación fiscal das familias de dous fillos e das monoparentais coas numerosas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Alfonso Rueda, candidato provincial do PP, chama en Caldas a un voto sólido para Galicia
Por Redacción |
-
Rajoy e Casado, xuntos en Pontevedra para reivindicar a Feijóo como o "mejor presidente" da historia de Galicia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |