O Concello da Lama converterá en vivendas sociais as antigas casas dos mestres
Por Redacción
O Concello da Lama contempla converter en vivendas públicas o bloque das antigas casas dos mestres, situadas na Avenida do Concello. Con tal fin dispoñerán dunha subvención autonómica de 36.000 euros.
As obras consistirán nunha reforma integral dos edificios cunha nova redistribución interior dos espazos, eliminación de humidades, instalación de novas xanelas e portas e pintado exterior e interior. Con todo iso conseguirase adaptar estes antigos edificios ás condicións de habitabilidade actuais.
A estas futuras vivendas públicas poderán acceder persoas que queiran seguir residindo na Lama, ou asentarse no municipio e ás que non resulta posible acceder ao mercado libre, de forma que poden acollerse aos prezos dun aluguer social. Desde o Concello pretenden "ofrecer solucións a familias novas ou mesmo atender algún caso de violencia de xénero" e ampliar nun futuro o número de vivendas sociais.
O alcalde da Lama, o popular Jorge Canda, agradecía á Xunta a súa colaboración no obxectivo de ofrecer vivendas públicas nos núcleos rurais a famiilias con escasos recursos para acceder a unha vivenda.
Relacionadas:
-
Avanza a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres da Lama, con dúas xa rematadas
Por Redacción |
-
Comezan na Lama as obras de mellora do Camiño do Crego
Por Redacción |
-
Canda cuestiona as consecuencias na Lama de poñer ao dispor do Goberno os remanentes de tesourería
Por Redacción |
-
A Lama terá un viveiro de empresas
Por Redacción |
-
Ultimato da Lama a Urbaser para que actúe ante o "desborde" do punto limpo
Por Redacción |
-
A Lama incorpora 13 traballadores grazas ao Plan Concellos
Por Redacción |