Luís Bará apela á mobilización da comarca de Pontevedra para conseguir o cambio político na Xunta
Por Redacción
O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, estivo este venres na praza da Peregrina nun novo acto de campaña electoral no que instou á cidadanía da comarca de Pontevedra a ser clave na derrota do Partido Popular de Núñez Feijoo e para conseguir un cambio no goberno da Xunta. "Temos moita fortaleza, temos proxecto, o aval dos gobernos municipais e unha candidatura e un liderado moi potente", dixo o candidato..
"Hai dous grandes obxectivos, por un lado derrotar ao Partido Popular e ás súas políticas insolidarias e por outro vencer ao centralismo que nos afoga e nos paraliza. Este dobre obxectivo só o garante o BNG. Por iso estamos a facer unha campaña intensa, por terra, mar e aire. Estamos a promover unha grande mobilización con Ana Pontón como presidenta”, defendeu Bará.
O obxectivo dos nacionalistas para gañar as eleccións pasa por mobilizar o voto novo e urbano para conseguir un cambio " dirixido dende aquí e non dende Madrid”, subliñou.
Sobre o desenvolvemento da campaña electoral para o Bloque, Bará afirmou que está a ser "excepcional". "Unha campaña moi expansiva e mobilizadora cun medre imparable e un ambiente de entusiasmo arredor do BNG de Ana Pontón, a clave desta campaña para nós é a ilusión”, definiu Bará defendendo que o BNG garante un proxecto propio para o país.con Ana Pontón como presidenta.
Relacionadas:
-
Ana Pontón inspírase no ‘modelo Pontevedra’ para a nova Xunta e para unha Galicia que se "anticipe aos cambios que necesita"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Ana Pontón, en Pontevedra: Os galegos deben "romper a rutina" e deixar atrás a Galicia "decadente" do PP
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Bará pide aos indecisos concentrar no Bloque o voto "da ilusión" por ser "a alternativa real ao PP"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG aplicará dende a Xunta cláusulas de "quilómetro cero" na contratación pública
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O BNG esixe un operativo de repatriación para os mariñeiros galegos que faenan en caladoiros internacionais
Por Oskar Viéitez |
-
Bará leva a campaña ás portas de Abanca e pide a devolución das comisións de mantemento "abusivas"
Por Redacción |
-
Bará chama a frear as privatizacións e apostar por unha sanidade pública "universal e gratuíta"
Por Redacción |
-
A carreira electoral ata o 12X arranca en Pontevedra cunha atípica pegada de carteis
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |