Poio solicita fondos europeos para unha reforma integral da zona de praias de Raxó
Por Redacción
O Concello de Poio a través do departamento de Promoción Económica solicitará fondos europeos para levar a cabo unha ambiciosa actuación na rúa Ramón Encinas, da contorna do peirao de Raxó. O obxectivo do goberno local é realizar unha mellora integral deste espazo, que pasaría a ter unha superficie única, pavimentación renovada e maior seguridade para os peóns.
Actualmente a rúa "carece de sistema integrado e accesible de pavimentación. Hai unha mestura de asfaltado e beirarúa sen un criterio único no uso de materiais, polo que se fai necesaria unha actuación que garanta uns mínimos no que a seguridade viaria e accesibilidade se refire”, declarou o concelleiro Gregorio Agís.
O obxectivo do goberno local é fomentar o tráfico ciclista, mellorar a imaxe co soterramiento da liña eléctrica e instalar nova iluminación. Ademais de dotar de novos servizos de saneamento e telecomunicacione ao lugar.
O orzamento necesario para executar esta obra superará os 800.000 euros, calculan desde o Concello.
Esta actuación está incluída no plan de mobilidade do acordo de goberno alcanzado no 2019. Os plans do executivo se se logran estes fondos, pasan por iniciar as obras no 2022.
Doutra banda, lembran desde o Concello que a mellora dos portos de Covelo e Raxó segue paralizada pola Xunta de Galicia. Remarcan que se trata dunha actuación moi necesaria para acondicionar unha das zonas máis transitadas da parroquia de Raxó, especialmente durante o verán.
Lamentan ademais que no 8009 asinouse un convenio con Portos para a reforma integral destes espazos do que só se executou unha parte consistente na instalación dunha pasarela de madeira no acceso ás praias de Raxó.