O cinema volve aos cinemas en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Como aquela película de José Luis Garci de 1981 o titular desta información podería ser "Volver empezar" pois iso foi o que fixeron os cinemas este venres coa reapertura das salas en Pontevedra despois de meses coas pantallas ás escuras. E que mellor reencontro coa sétima arte que vendo a reposición de "Cinema Paradiso".
Cinexpo reabriu as súas salas con estreas, descontos nas entradas e novas medidas de seguridade pero escasos espectadores.
Para volver atraer a vos cinéfilos haberá descontos nas entradas ata o próximo 16 de xullo.
Dentro das salas de Galicine é obrigatorio o uso da máscara nas zonas comúns. Cando non sexa posible asegurar a distancia de seguridade é obrigatorio o uso de máscara, salvo nos seguintes casos: Estar a consumir produtos ou refrescos, ser menor de 6 anos ou ter prescrición médica.
Tamén se limitou o aforo nas salas establecendo unha distancia de seguridade entre as butacas.
Desde Galicine aseguran que desinfectarán regularmente as salas e as instalacións co viricida Ox- Virin, autorizado polo Ministerio de Sanidade. Ademais renovarase o aire das salas cunha adecuada ventilación.