A Xunta rozará as marxes de estradas autonómicas da comarca a vindeira semana
Por Redacción
A Xunta executa a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas da comarca de Pontevedra.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público dalgunhas vías autonómicas para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.
Estas obras, que comezarán o luns, levaranse a cabo na estrada PO-255, en Ponte Caldelas.
As tarefas céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, co fin de previr incendios forestais.
Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.
Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas, pensando xa no incremento de uso que experimentan no verán. As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.
Relacionadas:
-
Os traballos de roza e limpeza chegarán a próxima semana á VG-4.3, entre Cambados e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Batería de obras en cinco estradas autonómicas entre Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción |
-
780.000 euros para a mellora de cinco estradas autonómicas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis
Por Redacción |