As familias do Colexio Sequelo reclaman a Educación o desdobre de aulas
Por Oskar Viéitez
A Asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) Aidón do Colexio de educación primaria CEP O Sequelo reclama á Consellería de Educación o desdobre de aulas.
Segundo explican portavoces do Anpa, desde fai seis anos Educación reduciu este colexio a unha soa liña por curso con 25 nenos por aula e agora acábase de rexistrar un exceso de demanda cun total de 29 solicitudes. Ao superar a ratio permitida, o centro tivo que baremar e cinco familias quedáronse excluídas.
Trátase de familias que por proximidade, horario e servizos escolleron este centro educativo e agora deberán buscar outros.
Algúns dos menores afectados por esta decisión necesitarán transporte público porque as súas residencias están máis distanciadas e outros deberán ir a colexios concertados co consecuente gasto.
Por iso, desde o Anpa reclamaron á Xunta pedindo o desdobre de aulas que permitiría matricular aos alumnos que foron excluídos e á súa vez cumprir as recomendacións do Ministerio de Sanidade para poder manter a distancia de seguridade.
É dicir, superouse a capacidade deste colexio polo que o Anpa solicitan que se converta nun centro de liña dúas, con 15 alumnos en cada aula.
O aumento da demanda de prazas no CEP Sequelo de Marín coincide coa recuperación dalgúns servizos como o plan madruga ou o comedor escolar.
Relacionadas:
-
Educación concede o desdobramento das aulas nos centros de Sequelo e Carballal
Por Redacción |
-
Alumnado do Sequelo, Carballal e Mestre Landín enfróntanse nunha competición de robótica
Por Redacción |
-
O CEP Sequelo dispoñerá dun horto escolar para este próximo curso
Por Redacción |
-
O colexio de Primaria do Sequelo estrea comedor
Por Redacción |