Os nenos do Ganapán fan arte coas mascarillas
Por Redacción
Os nenos asumiron un gran compromiso e responsabilidade durante a pandemia. O Ganapán, a ludoteca do Mercado de Abastos de Pontevedra, recolle todo este esforzo para ensinar aos rapaces a elaborar o seu propio xabón de maneira sinxela e divertida e tamén máscaras de protección cos deseños máis creativos.
Esta actividade desenrrolouse este sábado co título: A nova normalidade: elaboración de xabóns caseiros e cubrebocas creativos.
E para o domingo: Ao rico xeado! É un dos doces que máis se desfrutan no verán e aproveitando as froiterías que hai no Mercado, van elaborar uns falsos xeados moi orixinais. Tamén farán chapas con deseños surfeiros e chaveiros personalizados.
Ollo que para a vindeira semana o sábado 11 o obradoiro é "Patacapizza" coa proposta dun menú moi especial: minipizzas empregando como base a pataca.