Camións de gran tamaño volven provocar problemas na circulación en Leborei
Por Redacción
Na mañá deste luns, dous vehículos de grandes dimensións coincidiron na vía que se atopa no lugar de Leborei, na parroquia de Cerponzóns. Esta pista cruza entre a N-550 e a PO-531, de maneira que é empregada por moitos condutores para cruzar desde a estrada de Santiago ata a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía.
A veciñanza da zona, a través da asociación veciñal O Chedeiro de Cerponzóns, reclama unha solución ao Concello de Pontevedra a través da instalación de sinais que alerten do perigo a condutores de vehículos de gran tamaño que intentan empregar este camiño como se fose unha variante sen coñecer a anchura deste tramo. Recentemente un condutor búlgaro quedaba atrapado nesta pista.
Este luns a situación volvía ser preocupante para a veciñanza que, ante as dificultades que se atopan os camións para manobrar ao coindicir en sentido contrario nesta vía, quedan sen posibilidade de circular durante bastantes minutos por esta zona ao permanecer a estrada bloqueada.
Desde a asociación sinalan que é necesario establecer algunha medida que regule a elevada circulación que se rexistra diariamente nesta vía e, sobre todo, instalar sinais que eviten o paso de transportes de gran tamaño, que corren o perigo de quedar encaixados en calquera zona deste estreito camiño da parroquia.
Relacionadas:
-
Acordo para que o tráfico quede restrixindo a residentes e servizos en Leborei
Por Redacción |
-
Segundo camión atrapado en Leborei en menos dunha semana
Por Redacción |
-
Leborei rexistra un novo incidente cun camión atrapado na vía secundaria
Por Redacción |
-
Novos atascos en Leborei debido á presenza de camións nunha vía estreita
Por Anxo Lourido |
-
Un condutor búlgaro encaixa o seu camión nunha pista estreita de Leborei na parroquia de Cerponzóns
Por Anxo Lourido |