Galicia rexistra un total de 254 casos activos por coronavirus, dous na área de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta informa na súa última actualización epidemiolóxica de que o número de casos activos por coronavirus en Galicia é de 254.
Dos pacientes positivos seis atópanse en unidades de hospitalización e 248 en illamento domiciliario. Non hai ningún en UCI. Polo momento en Galicia conseguiron superar o virus un total de 10.808 curadas con 619 falecidos.
Ata a data realizáronse 199.680 PCR. Na última xornada non se rexistraron falecementos nos centros residenciais
Dos pacientes positivos en Galicia repártense da seguinte forma: dous en Pontevedra, 30 en Coruña, 143 en Lugo, tres en Ourense, 61 en Vigo, 13 en Santiago e dous en Ferrol.
Estes dúas pacientes da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés evolucionan nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 nesta área sanitaria curáronse 901 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 16 persoas.
Relacionadas:
-
Rexístrase un caso máis de Covid-19 nas últimas horas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Os casos activos de coronavirus redúcense a seis na área sanitaria tras darse catro altas nun día
Por Natalia Puga |
-
Sen cambios na situación epidemiolóxica da área sanitaria: dez pacientes con coronavirus en seguimento domiciliario
Por Natalia Puga |
-
Un novo caso activo de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que suma dez
Por Natalia Puga |