Os contedores marróns do centro histórico só se colocarán de noite
Por Alejandro Espiño
Desde este luns, os operarios de Ferrovial Servicios, empresa responsable da recollida de lixo en Pontevedra, engaden un novo itinerario aos seus roteiros diarios coa entrada en funcionamento do plan ComPOsta, que fomentará a compostaxe domiciliaria na cidade.
Así, xa se entregaron os cubos e pequenos contedores a produtores singulares como o mercado de abastos, restaurantes, supermercados ou tendas de venda de froita e colocáronse os contedores marróns nos que haberá que depositar os residuos orgánicos.
No centro histórico, segundo avanza o Concello, estes contedores colocaranse todos os días sobre as oito da tarde e retiraranse ao redor das sete da madrugada, para non danar a imaxe turística deste ámbito urbano.
Estes contedores, no resto do roteiro previsto, serán fixos e completarán as illas de reciclaxe habilitadas en cada barrio.
O Plan Composta xerou moita expectativa, asegurou o goberno municipal, que recibiu estes días unha avalancha de peticións de información para participar no programa.
Dous técnicos de Ferrovial Servicios comezarán este luns coas visitas domiciliarias, partindo desde a Praza da Peregrina, para informar os cidadáns sobre este sistema de compostaxe e xestionar a súa adhesión.
As persoas que non estean nos seus domicilios cando pasen os informadores e queiran participar neste plan poden solicitalo a través da páxina web compostaxe. pontevedra.gal, no teléfono 680 595 456 ou no correo electrónico composta@ferrovial.com.
Relacionadas:
-
Uns 1.000 domicilios e establecementos de Pontevedra participan xa no programa Composta
Por Redacción |
-
Este luns 17 volven as visitas a vivendas particulares dentro do Plan Composta
Por Redacción |
-
Pontevedra "non se pode permitir", segundo o PP, a imaxe de ratas pola cidade
Por Redacción |
-
A compostaxe a domicilio xera xa 1,3 toneladas diarias de residuos orgánicos
Por Alejandro Espiño |
-
Revitaliza ofrecerá actividades sobre compostaxe en obradoiros e campamentos de verán
Por Redacción |
-
Estudan ampliar os centros de compostaxe de Campolongo tras un "espectacular arranque" do servizo
Por Redacción |
-
Comeza a colocación e reparto dos colectores marróns
Por Oskar Viéitez |
-
Campolongo estrea composteiros comunitarios
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra desprega os contedores marróns para a compostaxe domiciliaria
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Implantan en Pontevedra un proxecto piloto para impulsar a compostaxe doméstica
Por Alejandro Espiño |