Crean a comisión para abordar a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros
Por Redacción
O proceso para o rescate dos parques de bombeiros comarcais da provincia, os situados en Bueu, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e O Porriño, entrou nunha fase decisiva. A intención é que pasen a seren xestionados directamente polo consorcio provincial contra incendios.
Para iso, este organismo, que está participado ao 50% pola Deputación e a Xunta de Galicia, acordou crear una comisión para abordar a redacción da memoria que analizará os custos, os aspectos xurídicos e a nova estrutura que suporá o cambio de modelo na súa xestión.
Esta memoria incluirá a descrición do consorcio desde unha perspectiva funcional dos medios e efectivos que dispón, os aspectos xurídicos e técnicos para a subrogación dos traballadores e as necesidades da estrutura interna do persoal.
Ademais do proceso de extinción do contrato coa empresa Matinsa, que vence en 2021, a comisión deberá analizar os custos e demais aspectos financeiros que terá o cambio á xestión directa deste servizo provincial.
A comisión está integrada de forma paritaria por dous representantes da Xunta e dous da Deputación de Pontevedra, así como tres membros técnicos de cada unha das dúas administracións.
Coa creación desta comisión avánzase no cambio de modelo acordado para a xestión directa dos catro parques comarcais de bombeiros da provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Traballadores do Consorcio de Bombeiros denuncian falta de persoal que o día de Reis obrigou a pechar o parque de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Xunta e Deputación aproban o paso ao modelo de xestión directa nos catro parques comarcais de bombeiros da provincia
Por Redacción |
-
Unha comisión técnica supervisará o cambio de xestión dos parques comarcais de bombeiros
Por Redacción |
-
Os grupos parlamentarios demandan unha cobertura axeitada ás emerxencias nos municipios do interior
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG pide un parque de bombeiros no interior da provincia para os concellos de sombra
Por Redacción |
-
Os concellos do interior reclaman a mellora do servizo de emerxencias
Por Oskar Viéitez |