Arrancan as obras de creación da senda peonil e ciclista entre Coirados e Pardavila
Por Redacción
As obras para crear unha nova senda peonil e ciclista na estrada PO-313, entre Coirados e Pardavila, no municipio de Marín xa están en marcha, segundo anuncia a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
A empresa Narom S.L. executa os traballos cun investimento superior aos 570.000 euros, cofinanciada pola administración autonómica e os Fondos FEDER. O proxecto contempla a realización dun itinerario de dous quilómetros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada PO-313. Este espazo iniciarase na saída de Marín ata conectar coas beirarrúas ata Pardavila, unha vez superado a ligazón coa Variante de Marín.
Está prevista a realización dunha pequena plataforma para salvar a actual rega desa zona. A partir dese punto construirase unha senda de formigón de cor, cunha amplitude de 1,8 metros de ancho.
A Xunta contempla a instalación dunha nova rede de drenaxe e a mellora da intersección actual coa creación dun carril central e dun cambio de sentido para o tráfico que circula pola zona. Esta obra responde á demanda de seguridade para os viandantes que circulan por este espazo.
Tamén desde a Consellería convocouse aos titulares dos terreos afectados polas obras este mércores 8 na Casa do Concello de Marín, entre as 10.00 e as 13.00 horas. Durante este encontro avanzarase no pago de depósitos previos e formalizaranse as actas de ocupación de terreos.
Será necesario que os asistentes cumpran coas medidas preventivas fronte ao risco de contaxio da Covid-19.
Relacionadas:
-
A Xunta abre o proceso expropiatorio para construír unha senda peonil entre Pardavila e Cadro
Por Redacción |
-
Aprobadas as expropiacións para o trazado dunha senda peonil entre Pardavila e Cadro
Por Redacción |
-
O BNG de Marín esixe que arranxen as deficiencias na estrada PO-313
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Riada en Pardavila ocasionada polas fortes chuvias da tormenta
Por Redacción |
-
A empresa Narom fará as obras da senda entre Coirados e Pardavila
Por Redacción |
-
Vía libre para a expropiación de 19 fincas afectadas polo novo itinerario peonil da PO-313
Por Redacción |