O núcleo da Chan en Cerdedo-Cotobade amplía a zona de mellora de mobilidade peonil
Por Redacción
Cun orzamento de 41.388 euros, a Deputación de Pontevedra ten previsto levar a cabo novas obras para ampliar a mellora da seguridade viaria no núcleo da Chan, no municipio de Cerdedo-Cotobade.
A intervención centrarase na construción de novas beirarrúas de maneira que se reforme o espazo público desta contorna. Trátase dun tramo de 200 metros da estrada EP-0401 Carballedo-Caroi, que cruza este núcleo de poboación.
Desde a institución provincial indican que se enviou o documento ao Concello de Cerdedo-Cotobade coa intención de que se asine para levar a licitación o proxecto previsto.
Con esta obra, o goberno provincia pretende mellorar a mobilidade peonil nesta zona céntrica de paso na que se concentran edificios como a Casa do concello, o centro de saúde e as oficinas de entidades bancarias. Desta forma, a proposta enmárcase dentro do modelo de mellora da mobilidade segura e sostible pola que aposta o goberno da Deputación.
O convenio de colaboración entre a administración provincial e a local, en que achegan o 70% e o 30% do orzamento respectivamente, supuxo un investimento inicial de máis de medio millón de euros coa reforma da zona da praza da Chan en Carballedo e da capela de San Roque.
Relacionadas:
-
A humanización de Carballedo complétase coa estrea das novas beirarrúas
Por Redacción |
-
Adxudicadas as obras de mellora da mobilidade peonil do núcleo da Chan, en Cotobade
Por Redacción |
-
Carlos Font presume do récord en investimentos da Deputación nas estradas provinciais: 60 millóns de euros
Por Redacción |
-
As obras de humanización integral de A Chan rematarán en octubre
Por Almu Dapena |