O Paseo de Silgar, preparado para estrear a preferencia peonil
Por Redacción
O pintado de preferencia peonil previsto no Paseo de Silgar estará habilitado para a fin de semana, segundo confirmou o Concello de Sanxenxo.
Os traballos de pintado na superficie desenvolveranse en horario nocturno, de 21:00 a 6:00 horas, empezando na contorna de Punta Vicaño e o cruzamento coa Avenida Luís Rocafort.
A calzada vaise pintar de vermello con círculos brancos, que servirán para orientar aos condutores e aos viandantes, e diferenciar coa maior claridade posible como se ten que circular en ambos os casos.
O goberno local inicia o proxecto de prioridade peonil nos puntos considerados como máis sinxelos, continuando durante a noite do domingo ao luns co pintado da confluencia entre Paseo de Silgar con Rúa Madrid. Nesta fase, máis complexa a nivel de tráfico, inclúese o pintado do cruzamento de Vidal Rocha e deseñarase un plan específico de tráfico para permitir o acceso ao aparcadoiro.
De forma simultánea tamén se poñerá en marcha a pintura dos pictogramas nas beirarrúas do Paseo de Silgar que sinalizarán a preferencia peonil pola dereita ao longo de todo o vial. Todas estas medidas irán acompañadas dunha limitación de velocidade ao tráfico de 20 quilómetros por hora.
OBRAS NO ACCESO PRINCIPAL DE MONTALVO
O Concello de Sanxenxo anunciou ademais o inicio dos traballos de mellora no acceso principal da praia de Montalvo e a reordenación dos aparcamentos.
A actuación contempla a recolocación das casetas de baños e surfeiros, e a liberación de aparcamentos na plataforma máis próxima ao areal, que estarán a partir de agora reservados a vehículos de emerxencias e servizos, para persoas con mobilidade reducida e furgonetas de escolas deportivas.
As obras consisten na renovación da capa de rodadura da estrada e o acondicionamento da zona de aparcadoiro estendendo unha capa de saburra compactada.
Relacionadas:
-
Cambios no pavimento e sinalización para garantir a distancia social no paseo de Silgar
Por Redacción |
-
Catro novas bolsas de aparcamento elevan a 1.100 as prazas de balde en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Silgar xa ten prioridade peonil
Por Redacción |
-
O Consorcio de Empresarios Turísticos invita a volver a Sanxenxo
Por Redacción |
-
O pintado da zona de preferencia peonil en Sanxenxo estará terminado "a última hora do mércores"
Por Redacción |
-
O paseo de Silgar fai oco para máis peóns
Por Redacción |
-
Sanxenxo cambia de sentido á rúa Ramón Cabanillas para "facilitar a prioridade peonil de Silgar"
Por Oskar Viéitez |
-
Establecen zonas de preferencia peonil no paseo de Silgar e Rafael Picó
Por Redacción |