Cinco positivos no control de drogas e alcol realizado en Ponte Caldelas
Por Redacción
A Policía Local de Ponte Caldelas, xunto coa Garda Civil de Tráfico, colaboraron nun control de alcol e drogas que tivo lugar durante a noite do venres na rotonda de Cuñas.
O control funcionou durante unha hora e media, de 00:00 a 01:30 horas, con sete efectivos, e realizáronse un total de 80 probas entre alcolemia e drogas, das cales cinco foron positivas.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, indicou que a Policía Local de Ponte Caldelas conta neste momento con dous axentes de xeito permanente que durante os meses de verán traballarán aleatoriamente en turnos de mañá, tarde e noite "velando sempre pola seguridade dos veciños".