Un condutor non aplica a "técnica holandesa" ao abrir a porta do coche e provoca o accidente dun ciclista
Por Redacción
Denomínase Dutch Reach ou técnica holandesa e trátase dunha acción moi simple consistente en saír dos turismos abrindo a porta coa man dereita, de maneira que se vexa quen se aproxima pola calzada.
Na tarde deste domingo 12 de xullo, en Lois, no municipio de Ribadumia, un condutor non realizou este xesto e cando saía do vehículo non se decataba de que se aproximaban ciclistas, segundo indican fontes do Servizo de Emerxencias.
A apertura da porta provocou que un ciclista, coas iniciais C. B. L., caera sobre a calzada. O impacto provocou que sufrise dor cervical e torácica, ademais de feridas por rozadura co asfalto. Foi trasladado a un centro hospitalario para unha observación máis detallada das feridas.
A Garda Civil recomenda ás persoas que, no momento de saír dos turismos, realicen ese sinxelo xesto que obriga a mirar cara atrás e que pode evitar accidentes.
Efectivos de Emerxencias Cambados, Protección Civil de Ribadumia, 061 e Garda Civil de Tráfico acudiron ata o lugar do accidente.