Risas e xogos regresan, por fin, aos parques infantís de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
Fíxose de rogar, pero ao fin, case un mes despois da autorización da administración autonómica, Pontevedra reabriu este luns 13 de xullo os parques infantís do municipio.
Fíxoo tras completar un estudo sobre o aforo máximo de cada zona de xogos, que foron adaptadas ao protocolo elaborado para a prevención do Covid-19.
Desta forma as risas e os xogos de nenas e nenos regresaron aos parques cadro meses despois da prohibición establecida co Estado de Alarma.
A concellería de Desenvolvemento Sostible instalou en cada un dos 60 parques infantís do municipio cartelería co Loro Ravachol incorporado na que se explican as normas de uso destas zonas de xogo.
En concreto non se deberá exceder en ningún momento o aforo máximo establecido en cada parque, e será obrigatorio desinfectar as mans coa solución hidroalcohólica que se segue instalando en dispensadores na entrada dos parques, así como manter a distancia de seguridade.
Por parte de Concello, cada xornada se desinfectarán as zonas infantís dentro dun plan de adaptación no que se investiron preto de 50.000 euros, dos que 15.000 corresponden á limpeza e desinfección polos parques durante o período dun mes.
Relacionadas:
-
Canto supón manter os parques infantís de Pontevedra en óptimas condicións hixiénicas cada mes?
Por Redacción |
-
Os parques infantís de Pontevedra abrirán a partir do luns
Por Redacción |
-
Comeza a posta a punto dos parques infantís do rural pontevedrés
Por Redacción |
-
O PP critica que os parques de Pontevedra sigan pechados unha semana despois e denuncia "incapacidade para articular medidas"
Por Redacción |
-
Abrir os parques infantís de Pontevedra custará 1.400 euros diarios
Por Redacción |
-
Os socialistas critican á Xunta por abrir os parques infantís sen contar cos concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra decide manter pechados unha semana máis os parques infantís
Por Redacción |