Volve Foro PontEmprende, versión online, con coñecidos especialistas en marketing dixital e xestión de finanzas
Por Redacción
Regresa o Foro PontEmprende, nesta segunda edición adaptado ás circunstancias derivadas da presenza da Covid-19. Por este motivo, este ano realizarase a través dun formato online con vídeo-conferencias (webinars) que buscarán a resolución dos problemas diarios de profesionais autónomos e das pequenas e medianas empresas (pemes) na situación actual.
A intención é que os especialistas que participarán nestas sesións proporcionen fórmulas e potencien actitudes para que o comercio local reaccione e supere a crise económica derivada do estado de alarma.
O márketing dixital, a intelixencia comercial, as finanzas ou a asesoría de empresas serán algúns dos temas que se toquen neste evento que se iniciará o luns 20 de xullo e que terá continuidade ata o 6 de agosto, con sesións diarias, de luns a venres, de 15.30 a 16.30 horas.
Aquelas persoas que non poidan asistir a estes horarios poderán ver as webinars en diferido porque se publicarán na plataforma E-ponte, que está en proceso de construción, segundo informan desde a concellería de Promoción Económica.
O Concello promove este curso de formación a través da concellería que dirixe Yoya Blanco. As charlas son gratuítas para autónomos, pemes e futuros emprendedores. Deberán inscribirse con antelación a través do teléfono 986 86 39 49 ou por whatsapp no 619 217 218.
Programa de PontEmprende 2020:
20 /07. MANUEL CONDE: 'Empeza por trans-formarte'. Fortaleza Emocional para emprendedores en tempos de crise.
21/07. FERNANDO S. SALINERO: 'Comprender o cambio e aproveitar o cambio'.
22/07. JAIME BARRIERO: 'A mellor idea, se non vende, nace morta'.
23/07. SILVIA GUINART: 'Principios básicos de Neuromarketing'.
24/07. DAVID IGLESIAS: 'O que atende e entende... Máis vende!'
27/07. PEPE CABELLO: 'As 10 mellores habilidades dos emprendedores de éxito'.
28/07. JOSUÉ GADEA: 'Aprendendo a vender por valor, non por prezo'.
29/07. CARMEN LAFUENTE: 'Intelixencia financeira nas empresas'.
30/07. ROBERTO PÉREZ MARIJUÁN: 'Deixa de vender, consegue que che compren'. Fundamentos probados de Neuromarketing.
31/07. EDUARDO MÉNDEZ: 'Comunicación emocional consciente'. Cara a unha venda eficaz.
3/08. DIEGO PALOMARES: 'A creatividade empresarial para o comercio'.
4/08. Ma CARMEN FUENTES: 'Emprendemento e financiamento'
5/08. JAVIER RIVAS: 'Xestión do tempo para aumentar resultados'.
6/08. PEPE CABELLO: 'Claves para aumentar resultados'.
Relacionadas:
-
FormaEmprende 2021 axudará a relanzar os negocios locais cun foro formativo virtual gratuíto
Por Redacción |
-
PontEmprende bota o peche tras 14 sesións formativas que cruzaron fronteiras
Por Redacción |
-
Talleres gratuítos para autónomos, emprendedores e pemes coa plataforma #Pontelovers
Por Redacción |