Comeza o Festival Cultura Quente con sesión de contos para adultos, DJs e música local
Por Redacción
A contadora Ángeles Goás abrirá a programación especial do Festival Cultura Quente deste 2020 cunha sesión de contos para adultos que levará a cabo a partir das 21.30 horas deste xoves 16 de xullo na Rúa Real. A narradora presentará o espectáculo 'As fames contadas'.
Xa o venres 17 chegará a música á Praza das Palmeiras coas actuacións de Dj Moe, ás 22.00 horas para dar paso á Pequeña Gran Compañía, unha agrupación local que ofrece un repertorio musical aberto, interactivo e para todos o público, no que non faltará o humor.
O sábado, tamén na Praza das Palmeiras, Dj Xaby actuará a partir das 22.00 horas e tras el será a oportunidade de Soüldiers, unha banda de Caldas integrada por cinco músicos especializados en Funk e Soul, aínda que tamén ofrecen pezas de pop ou rock.
Xa o domingo será a quenda dos Vermús ás 12.30 horas con la Fanfarria Furruxa que animará as rúas con música tanto internacional como galega. Para todas as actividades, haberá unha limitación de público coa intención de evitar aglomeracións, segundo indican desde o Concello.
Todas as actividades son gratuítas. O goberno local adquiriu unha partida de xeles hidroalcohólicos de peto que se distribuirán entre as persoas que se acheguen aos recitais.