Traballos de conservación e mantemento no leito do río Bermaña, en Caldas de Reis
Por Redacción
Operarios da empresa Copasa Obras e Servizos traballan estes días no acondicionamento, conservación e mantemento do curso fluvial do río Bermaña.
O obxectivo desta actuación, para a que se conta con autorización de Augas de Galicia, é mellorar o seu estado, favorecer as condicións naturais e o equilibrio do río.
As actuacións afectan o treito comprendido entre a ponte romana e a súa desembocadura no Umia, e consisten na roza de vexetación e arbustos con medios mecánicos e manuais. Tamén se inclúen podas, eliminación de ramas secas, retirada de lixo e medidas de control da vexetación invasora.
Segun o concelleiro de Medio Ambiente de Caldas de Reis, Manuel González, estes traballos "están orientados a conseguir os obxectivos de mellorar ambientalmente o río e frear a súa degradación".
Esta intervención súmase a outras desenvolvidas ou previstas nas canles e marxes fluviais do municipio, concretamente nos ríos Umia, Chaín e Follente.
González recordou ademais que "a zona do Umia está a ser estudada para asegurar a protección da paisaxe e da fauna e da vexetación, onde se rexistran especies vulnerables como a ra patilonga".
Relacionadas:
-
Caldas retira as plantas exóticas invasoras na contorna do Umia
Por Redacción |
-
Caldas súmase á campaña #MiPuebloSinBasuraleza e acondiciona o seu tramo do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Andaina contra a "basuraleza" no Umia
Por Redacción |
-
Un estudo identifica 178 especies diferentes nos ríos Umia e Bermaña
Por Oskar Viéitez |