Proban como quedará a visión nocturna da ponte do Burgo
Por Redacción
As obras da ponte do Burgo encaran xa os seus últimos retoques e, para comprobar como quedou a contorna, na noite deste xoves fíxose a primeira proba de iluminación.
En concreto, probouse a iluminación do taboleiro que está inxectado de distintos puntos de luz amosando o Camiño de Santiago.
Na proba estivo o concelleiro de Obras urbanas, Demetrio Gómez, que nestes días confirmou que as obras teñen que estar rematadas a 31 de xullo, cando se recibirá oficialmente a obra.
Na actualidade, a obra, que está financiada polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), só está pendente de rematar a instalación da iluminación que xa está colocada no taboleiro central e tamén nun dos laterais.
Nas dúas semanas que quedan ata esa data límite do 31 de xullo, a empresa Setga, adxudicataria da nova iluminación, rematará os traballos pendentes para a entrega definitiva da obra.
Relacionadas:
-
A iluminación ornamental da ponte do Burgo inicia horario de inverno
Por Redacción |
-
Grande expectación dos pontevedreses na inauguración lumínica da ponte do Burgo
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Patrimonio abre expediente ao Concello polas escaleiras ao río desde O Burgo pero avala a reforma da ponte
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra inaugurará o 4 de agosto a renovada ponte do Burgo
Por Alejandro Espiño |
-
"Finais de xullo", data definitiva para concluír a reforma da ponte do Burgo
Por Redacción |