A ausencia de testemuñas principais apraza o xuízo dunha frustrada introdución de cocaína polo Porto de Marín
Por Redacción
A falta de testemuñas principais levou á suspensión do xuízo por tráfico de drogas sinalado para este luns 20 na Audiencia Provincial. O fiscal do caso solicitou dita suspensión ante a ausencia de axentes da Policía Nacional citados, que se atopaban de vacacións. Así, a vista oral quedou sinalada para os días 27, 28 e 29 de outubro.
Os feitos para xulgar tiveron lugar entre abril e maio de 2017, cando aproveitando o roteiro do buque mercante Cap.Beatrice desde Colombia, tentouse introducir 52 ladrillos de cocaína en Galicia a través do porto de Marín. Para iso ocultaran o alixo nun guindastre do barco e un dos detidos viaxaba no mesmo como polisón.
A operación desenvolvida pola Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil en Pontevedra, a Unidade Central Operativa, a Unidade de Drogas e Crime Organizado da Comisaría da Policía Nacional en Pontevedra e o Servizo de Vixilancia Aduaneira conlevaron a detención dos acusados, así como a incautación da cocaína ao interceptar ao Cap.Betatrice a vinte millas das costas españolas.
As tres persoas acusadas do delito de tráfico de drogas son un colombiano con iniciais H. C. P; un veciño de Sanxenxo, R. P. R, con antecedentes polo mesmo delito e un terceiro home, L. C. C, alcumado ' Nardo' e fincando en Valga. En total o Ministerio Fiscal solicita para eles 36 anos de prisión e multas que ascenden aos 23'8 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Penas de 7 a 10 anos de prisión para tres acusados dun alixo de 52 quilos de coca que un polisón transportou de Colombia a Marín
Por Natalia Puga |
-
A Fiscalía pide 30 anos para os tres acusados polos 62 quilos de coca que un polisón ía entregar na ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O polisón e o lancheiro confesan que tentaron introducir 50 quilos de cocaína pola ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Xulgan tres acusados de transportar cocaína de Colombia a Marín a través dun polisón
Por Natalia Puga |
-
Desarticulan dúas organizacións criminais que pretendían introducir cocaína por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |