A PO-308 entre O Covelo e A Granxa é agora unha estrada "moito máis funcional, humana e segura", segundo a Xunta
Por Redacción
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, realizou este luns unha visita ao traxecto da PO-308 reformado entre O Covelo e A Granxa, no Concello de Poio.
Acompañada entre outros do alcalde do municipio, Luciano Sobral, a responsable do goberno autonómico destacou o investimento de 4,3 millóns de euros realizada na reforma integral deste tramo do vial para mellorar a seguridade tanto de vehículos como de peóns.
En concreto as obras consistiron na mellora das interseccións construíndo dúas glorietas e varias semiglorietas, habilitando carrís de espera e aceleración. Ademais creáronse zonas de aparcamento, instaláronse novos sistemas de recollida de auga, renovouse a iluminación, instaláronse marquesiñas e aplicouse unha nova capa de rodadura na estrada.
A intervención completouse coa construción dunha senda peonil de 3,7 quilómetros que permite completar un itinerario continuo desde a travesía de Samieira ata o final da travesía de Raxó, onde enlaza coas beirarrúas que xa existían. Esta actuación financiouse con fondos europeos.
Para Vázquez, todo iso provoca que os veciños de Poio teñan "á súa disposición unha estrada distinta, moito máis funcional, humana e segura", defendeu.
Segundo a conselleira a renovación neste tramo supón o punto de partida nos plans de mellorar a seguridade en toda esta estrada, ata A Lanzada. Así, avanzou que están a traballar para dispoñer canto antes dos proxectos para actuar entre Fontenla e Combarro, e entre Combarro e Samieira.
Relacionadas:
-
O Consello da Xunta autoriza as expropiacións para mellorar a seguridade da PO-308 entre Fontenla e Combarro
Por Redacción |
-
Acondicionan as zonas verdes da nova senda da PO-308 entre Portonovo e A Lanzada
Por Redacción |
-
O goberno local de Poio insistirá na petición á Xunta dunha marquesiña para os escolares de Raxó
Por Redacción |
-
O PP de Poio reclama unha marquesiña na zona de Casalvito
Por Oskar Viéitez |
-
O tramo final da Rúa Igrexa de Raxó terá unha senda e un novo paso para peóns
Por Redacción |
-
Pasos de peóns e prazas de carga e descarga, principais reclamacións veciñais á Xunta para a reformada PO-308
Por Redacción |
-
Marquesiñas de estrea entre Covelo e Raxó
Por Redacción |
-
A Xunta retoma tres actuacións de mellora da seguridade viaria en Poio
Por Redacción |
-
420.000 euros para a mellora da estrada PO-308, entre o miradoiro da Granxa e o acceso a Nanín
Por Redacción |
-
Aprobadas nove expropiacións para eliminar un tramo perigoso da PO-308 en Sanxenxo
Por Redacción |