A antiga escola de Cangrallo terá unha nova cuberta
Por Redacción
Tras máis de sesenta anos, a escola de Cagrallo terá unha nova cuberta. A actual, segundo recoñece o Concello de Barro, está "moi deteriorada" e precisa ser renovada.
Será cunha achega de case 25.000 euros que o goberno municipal recibirá do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.
Esta antiga escola preescolar, situada en Porráns, foi construída a principios dos anos 60 do século pasado, e no anterior mandato executouse o cambio de toda a carpintería exterior.
Esta actuación na cuberta supón un paso máis na reforma integral nesta edificación co obxectivo de que toda a veciñanza poida desfrutar do seu uso para todo tipo de actividades nas mellores condicións.
A mellora da escola de Cangrallo vense a sumar á reforma integral do edificio do antigo concello, convertido agora en centro cívico que usan moitos colectivos e á reconstrución total da escola de Barro, que pasou a ser un centro social moderno a disposición da veciñanza.
Relacionadas:
-
Nova cuberta para a escola de Cangrallo
Por Redacción |
-
A nova cuberta da escola de Cangrallo custará preto de 25.000 euros
Por Redacción |
-
Barro destinará 20.000 euros máis para combater os efectos da COVID-19
Por Redacción |
-
Barro investirá 165.000 euros en pavimentos de viais municipais en todas as parroquias
Por Redacción |