Moraña recibirá axuda da Xunta para renovar os parques industriais de Afieiras e Mirallos
Por Redacción
O Concello de Moraña contempla executar este ano a renovación interior dos parques industriais de Afieiras e Mirallos e farao coa achega económica da Consellería de Economía e Industria. A administración autonómica pon 77.000 euros da partida destinada á modernización destes recintos. Pola súa banda, a administración local xa ten deseñados os correspondentes proxectos.
No caso do polígono de Afieiras, onde se fará o proxecto de maior envergadura contémplase mellorar as tres rúas con traballos de fresado, reasfaltado, limpeza de cunetas, pintado de pasos de peóns, instalación de sobreelevados e sinalización vertical. No polígono de Mirallos prevese cambiar o firme e pintar a sinalización horizontal do acceso principal, pista que discorre entre o campo de fútbol, piscinas municipais e unha nave e almacén do Concello.
En total o proxecto supoñerá a mellora de catro viarios, con elevado tráfico rodado e tamén circulación peonil. Actualmente en ambos os espazos sitúanse sete empresas, ademais de equipamentos e recintos municipais.
Relacionadas:
-
Moraña recibe preto de 100.000 euros para a renovación das beirarrúas nos polígonos de Afieiras e Mirallos
Por Redacción |
-
O taller de emprego en Moraña remodela o local cultural de Amil
Por Redacción |
-
Arranca o plan de dinamización 'Moraña Actívase' para impulsar a actividade do comercio e a hostalaría
Por Redacción |
-
Inicio inminente para a remodelación integral do campo de fútbol de Mirallos en Moraña
Por Redacción |