As Festas de Verán estrean programación infantil
Por Redacción & Mónica Patxot
A programación das Festas de Verán de Pontevedra ábrese ao público infantil.
Este martes foi a estrea dun novo programa festivo, denominado 'Ven Trebellar' e deseñado especificamente para os pequenos da casa. Foi co espectáculo 'Baila Roque, Baila', que Baobab Teatro levou á Alameda. Ademais a continuación o Parque Amalia Álvarez acolleu ' Do maxín á realidade', proposta de maxia de Barafunda.
A xornada contaba ademais con dobre cita da iniciativa Artes Vivas, co 'Blues do País e sindicato da Verbena' na Ferrería e 'Tres vellas (polo menos)' nas pistas de Campolongo.
Para este xoves 22 de xullo en Ven Trebellar a proposta ás 19.30 horas será 'Buscando o meu tesouro' na Alameda, e en Amalia Álvarez ás 20.00 horas será a quenda da máxica cómica Noel. En canto ás Artes Vivas na Ferrería haberá espazo para a danza contemporánea de 'Give it Spin' ás 21.30 horas e ás 22.00 horas as pistas de Campolongo acollerán a 'Novecento Cabaret'.
Ademais a xornada do xoves servirá para inaugurar a Feira de Artesanía Chalana no Paseo Odriozola, unha proposta que poderá visitarse ata o próximo 16 de agosto.
Relacionadas:
-
A poboación infantil, protagonista das festas da Peregrina día tras día
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Maxia, música, teatro, arte... e moito máis para que os máis pequenos tamén vivan as festas da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Burgo celebra o Santiaguiño máis atípico
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Música 'made in Pontevedra' soa nas rúas da cidade co ciclo 'Sondeaquí'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As bandas de música locais piden paso nas Festas de Verán de Pontevedra
Por Redacción |
-
A feira de artesanía Chalana abre en Pontevedra e a súa excepcionalidade atrae a novos participantes
Por Redacción |
-
"Pontevedra vívese" estrea 'Artes Vivas', que combina literatura e distintas expresións artísticas
Por Redacción |
-
O Memorial Ricardo Portela homenaxea o papel da muller na conservación da música tradicional
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Pasarrúas, artesanía e o Memorial Ricardo Portela inauguran as Festas de Verán
Por Redacción |
-
Un verán cheo de música, arte e espectáculo, que "serven para combater o medo, a tristeza e a melancolía"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |