Pontevedra-Marín e Pontevedra-Sanxenxo, as viaxes en autobús máis demandadas polos menores coa tarxeta ‘Xente Nova’
Por Redacción
Un total de 2.112 menores de 21 anos da área de Pontevedra poden viaxar xa de balde no autobús interurbano coa tarxeta ‘Xente Nova’ un mes despois da implantación deste dispositivo e, nestas primeiras semanas, puido constatarse que as viaxes máis demandadas son as que unen a capital con Marín e Sanxenxo.
En concreto, na segunda quincena de xuño realizáronse na área de Pontevedra 1.590 viaxes con este dispositivo, a maioría de ida e volta. Por traxectos, os máis usados foron entre Pontevedra e Marín (728), entre Pontevedra e Sanxenxo (507), entre Pontevedra e Bueu (87) e entre Pontevedra e Poio (36).
A tarxeta ‘Xente Nova’ da Xunta busca fomentar o transporte público coa gratuidade a menores de 21 anos. Do total de tarxetas expedidas ata o momento na área de Pontevedra, 1.190 son da cidade e 568 pertencen a menores de 21 anos de Marín.
Nesta listaxe da procedencia de usuarios que viaxan xa de xeito gratuíto con este dispositivo, séguelle Poio (108), Sanxenxo (93), Bueu (49), Barro (32), Campo Lameiro (30), Moraña (17), Ponte Caldelas (13), Vilaboa (8) e Cerdedo-Cotobade (4).
A Xunta indicou este mércores que a implantación total do Plan de Transporte Público está a permitir estender ademais ao conxunto dos usuarios do autobús interurbano da área de Pontevedra as vantaxes da Tarxeta de Transporte Metropolitano (TMG), cun 10% de desconto en todas as viaxes. Neste sentido, no primeiro mes de extensión da tarxeta de Transporte TMG, expedíronse na área de Pontevedra 1.671 dispositivos.
Coincidindo coa posta en funcionamento destes novos contratos, os usuarios das liñas destas áreas teñen tamén á súa disposición un novo bono de ata 50 viaxes mensuais, independentemente de que sexan de ida ou de volta, que supón un desconto do 50% do custo de cada unha das viaxes sobre a tarifa das empresas.
Relacionadas:
-
Preto de cen liñas de transporte interurbano entrarán en funcionamento o 23 de decembro en Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
A Xunta salienta o avance nas negociacións co Concello de Pontevedra para reforzar o servizo de transporte público
Por Oskar Viéitez |
-
O Grove esixe "non quedar fóra" do transporte metropolitano de Pontevedra
Por Redacción |
-
Sanxenxo reparte 256 tarxetas Xente Nova e é o cuarto concello con máis usuarios de Galicia
Por Redacción |
-
1.850 menores de 21 anos da cidade de Pontevedra viaxan de balde no autobús interurbano
Por Redacción |
-
O Grove ve "inexplicable" que a Xunta os exclúa do plan de transporte de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Os menores de 21 anos da área de Pontevedra xa viaxan de balde no transporte público
Por Redacción |
-
A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse este mércores nos concellos da área de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |