Organizan rutas de paddlesurf para coñecer Pontevedra desde o río Lérez
Por Redacción
Oito citas, tanto diúrnas como nocturnas, formarán parte das rutas que se van a organizar en Pontevedra para coñecer a cidade desde unha perspectiva diferente: unha táboa de paddlesurf.
Estas rutas, que serán de carácter gratuíto, están organizadas por Turismo de Pontevedra en colaboración coa empresa Urban Culture Factory.
Estes singulares paseos, que están dirixidos a persoas de todas as idades, contarán cunha audioguía en tres idiomas (galego, castelán e inglés) onde os participantes irán descubrindo a medida que avanzan polo río e guiados por un monitor, a historia, oficios, enclaves, edificios, lendas, flora e fauna autóctona e información de interese turístico e cultural da cidade
Cun máximo de 8 persoas por ruta, as xornadas comezarán este vindeiro sábado 25 de xullo e rematarán o 29 de agosto.
A ruta diúrna terá unha duración dunhas tres horas e media. Recibirase aos participantes nas instalacións do Club Náutico, onde se colocarán todo o material de seguridade.
Daráselles unha charla básica sobre a seguridade na auga e o achegamento ao paddlesurf e, a continuación, os participantes irán á praia fluvial para iniciar a travesía pola canle do Lérez ata retornar ao náutico de onde parte a actividade.
Na travesía da noite o procedemento será o mesmo, aínda que a duración prevista é de dúas horas e 40 minutos.
Relacionadas:
-
Esgotadas as prazas para as novas saídas en paddle surf polo Lérez
Por Redacción |
-
A limpeza do Lérez tamén é cousa de nenos
Por Redacción |
-
Amplían os roteiros de pádel surf polo Lérez tras esgotar as prazas en tres horas
Por Redacción |
-
Os socialistas queren converter o Lérez no eixo de rutas turísticas e actividades de lecer
Por Redacción |