A área sanitaria rexistra nas últimas 24 horas dous pacientes curados e dous positivos novos por coronavirus
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense este xoves con nove casos activos de coronavirus, xusto o mesmo número que presenta desde o sábado pasado, pero nas últimas 24 horas si se produciron cambios, pois se contabilizan dous pacientes curados e, por tanto, dous novos positivos.
Segundo a información facilitada polo Servizo Galego de Saúde, con estas dúas novas curacións rexistradas elévase a 904 o número total de pacientes que se curaron na área sanitaria desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19.
En canto aos nove casos activos rexistrados este xoves, que se atopan en illamento domiciliario.
Así, a área sanitaria continúa libre de Covid-19 nos seus hospitais, pois este mércores non ten ningún paciente con coronavirus hospitalizado en planta nin en área de coidados críticos nin no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, nin no Hospital do Salnés nin no QuirónSalud Miguel Domínguez.
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 163, nove menos que os 172 do mércores. Deles, 39 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, 4 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 27 da área de Vigo, 10 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 155 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Por agora, en Galicia hai un total de 11.187 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 238.786 e a comunidade non contabiliza ningún caso activo en centros residenciais de servizos sociais de Galicia. Do total de falecidos ata o de agora, 132 contabilizáronse en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten ao dispor da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Un novo positivo e dúas altas reducen a 18 os casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Sete positivos e un paciente ingresado en Montecelo no terceiro día de escalada de casos de Covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Os casos de Covid-19 dispáranse na área sanitaria, con 5 novos positivos e 15 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Repunte de casos de Covid na área sanitaria, con 4 positivos rexistrados nas últimas horas e 11 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Os turistas de zonas con alta incidencia da COVID-19 terán que rexistrarse ante Sanidade
Por Redacción |
-
Sanidade recomenda limitar as reunións sociais a un máximo de 25 persoas
Por Redacción |
-
O Sergas contabiliza o mesmo número de positivos na área sanitaria na última xornada
Por Redacción |