Sanidade recomenda limitar as reunións sociais a un máximo de 25 persoas
Por Redacción
A elevada frecuencia de brotes da COVID-19 xerados en celebracións e encontros sociais vén de provocar que desde as autoridades sanitarias galegas pidan que este tipo de reunións se limiten a un máximo de 25 persoas.
Así o aprobou a Xunta de Galicia este xoves, a petición da Consellería de Sanidade.
Sanidade considera necesario realizar unha recomendación sanitaria expresa que oriente á poboación e a conciencie de que deben adoptarse medidas de precaución e de protección, non só en espazos públicos e en locais e establecementos abertos ao público, senón tamén en reunións en espazos privados.
Na situación producida pola actual pandemia, o "prudente" é reducir os contactos con persoas non conviventes, contactos que actúan como factor multiplicador do risco de contaxio.
Ademais, as autoridades lembran que nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas que non convivan, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene.
As modificacións introducidas terán efectos desde o día seguinte á data de publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia.
Relacionadas:
-
Os turistas de zonas con alta incidencia da COVID-19 terán que rexistrarse ante Sanidade
Por Redacción |
-
A área sanitaria rexistra nas últimas 24 horas dous pacientes curados e dous positivos novos por coronavirus
Por Natalia Puga |
-
Galicia descarta "a día de hoxe" pechar o lecer nocturno e celebra o uso "xeneralizado" de máscaras
Por Alejandro Espiño |