O Burgo celebra o Santiaguiño máis atípico
Por Redacción & Cristina Saiz
A Concellaría de Festas non deixou pasar as festas do Santiaguiño do Burgo a pesar da Covid-19 dentro da programación "Pontevedra Vívese".
Deste xeito, co motivo de destacar as datas festivas do barrio, a poboación pontevedresa puido disfrutar dunha programación centrada en animación musical con dianas e alboradas, xigantes e cabezudos e pasacalles de grupos tradicionais polo barrio a cargo de Duos Pontes, Pousos da Area, Gaiteiros das Rías Baixas e a Charangamil9.
A iluminación foi a habitual, igual que a tirada de fogos prevista para as 00:00 horas na noite do sábado ao domingo, en recordo da primeira gran tirada de fogos das festas do verán pontevedrés, que sempre se fan na noite do 25.
FESTAS DE VERÁN
Pola súa banda, a programación das Festas de Verán proseguía esta fin de semana coas propostas 'Sondeaquí', que ofrece a posibilidade de mostrarse al público de grupos noveis locais, e coas propostas infantís do ciclo 'Ven Trebellar.
Relacionadas:
-
Os espectáculos de animación de 'A rebulir!' toman as rúas de Pontevedra a partir do luns
Por Redacción |
-
Música tradicional, Blues, Jazz ou Flamenco, entre as propostas de 'Música Nova' para esta semana
Por Redacción |
-
Música 'made in Pontevedra' soa nas rúas da cidade co ciclo 'Sondeaquí'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As bandas de música locais piden paso nas Festas de Verán de Pontevedra
Por Redacción |
-
A feira de artesanía Chalana abre en Pontevedra e a súa excepcionalidade atrae a novos participantes
Por Redacción |
-
As Festas de Verán estrean programación infantil
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"Pontevedra vívese" estrea 'Artes Vivas', que combina literatura e distintas expresións artísticas
Por Redacción |
-
Pontevedra espallará as súas festas de verán polos barrios e apostará polos artistas galegos
Por Alejandro Espiño |
-
O goberno local xa pensa nas festas de Santiaguiño, Peregrina e Feira Franca
Por Oskar Viéitez |