Marín habilita unha ferramenta para expedir certificados electrónicos
Por Redacción
A dixitalización das administracións é una tarefa na que o Concello de Marín está involucrándose, cada vez máis, dada a necesidade de ofrecer á veciñanza ferramentas dixitais que lles permitan realizar con normalidade e rapidez os seus trámites administrativos.
É por isto que o Concello vén de crear a Oficina de Rexistro para a Expedición de Certificados Electrónicos de Persoa Física para a Cidadanía, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais de Galicia.
Tal e como explican fontes municipais, con esta iniciativa trátase de dar todos os medios electrónicos necesarios para que os habitantes de Marín poidan realizar os trámites online, tanto na propia sede virtual do Concello coma no resto de portais das distintas administracións, como a AEAT (Axencia Tributaria) ou a Seguridade Social.
Os requisitos para a expedición do certificado é ser maior de idade e estar empadroado en Marín, ou, polo menor, ter algunha vinculación laboral co municipio. O procedemento consiste en realizar unha solicitude neste enlace e posteriormente concretar unha cita no Concello para verificar os datos do certificado do documento de identidade.
"Aínda que a dixitalización da Administración xa era unha liña estratéxica antes de que chegase a crise sanitaria, hoxe máis ca nunca as esixencias da Covid19 obrígannos a realizar os trámites de xeito electrónico sempre que sexa posible", informan dende o Concello. Por iso, aseguran que "esta Oficina será moi útil para aquelas persoas que até o momento realizaban as súas xestións presencialmente e que agora precisan da expedición deste certificado para poder seguir realizando eses trámites, agora de xeito online".
Relacionadas:
-
Os Plenos de Marín serán retransmitidos en directo e contarán con vídeo-actas
Por Redacción |
-
O Concello de Marín adxudica o contrato para a modernización da súa administración electrónica
Por Redacción |
-
O cemiterio municipal da Raña de Marín dispoñerá do novo acceso peonil no outono
Por Redacción |
-
Ciclo de cinema ao aire libre en Marín para o verán da COVID19
Por Redacción |
-
Asinado o acordo entre Xunta e Concello de Marín para habilitar un centro de día na Casa do Mar
Por Redacción |
-
Este 25 de xullo non haberá repartición de bandeiras nin a romaría de Trompos os Pés no Concello de Marín
Por Redacción |