As obras de pavimentación da rúa Alcalde Ezequiel Massoni comezarán a próxima semana
Por Redacción
O Concello de Marín, dentro dos seus plans de mellora dos servizos, acometeu, en varias etapas, a transformación da rúa Alcalde Ezequiel Massoni até a súa humanización, que mellorou esta importante vía de comunicación da vila.
Agora, iniciará as obras para a renovación do pavimento, que, tal e como se pode ler na memoria da actuación, "acusa un deterioro que alcanza un grao que vai máis alá dunha simple intervención de mantemento" e que ascende aos 89.686,92 euros.
A obra comezará a executarse este próximo luns 27 de xullo cun prazo para a súa finalización de aproximadamente un mes. Entre os traballos que se levarán a cabo realizarase unha rehabilitación superficial do pavimento, restaurando e mellorando as características do firme para aumentar a súa durabilidade, impermeabilidade, uniformidade... e para corrixir aquelas deficiencias que correspondan.
Así mesmo, levarase a cabo unha rehabilitación estrutural, xa que se eliminará parcialmente e se reporá o firme, naquelas capas que están esgotadas até a profundidade que sexa necesario, substituíndoas por outros materiais adecuados.
Relacionadas:
-
Conclúen as obras de asfaltado da rúa Ezequiel Massoni en Marín
Por Redacción |
-
Aviso aos condutores en Marín: Ningún vehículo poderá entrar nin saír á rúa Ezequiel Massoni durante este venres
Por Redacción |
-
O cemiterio municipal da Raña de Marín dispoñerá do novo acceso peonil no outono
Por Redacción |
-
Asinado o acordo entre Xunta e Concello de Marín para habilitar un centro de día na Casa do Mar
Por Redacción |
-
Marín acondiciona o roteiro do Lago de Castiñeiras para recibir visitantes
Por Redacción |