Doce positivos por alcol e un por drogas nas entradas a Marín durante a madrugada do sábado
Por Redacción
Efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa e a Policía Local de Marín protagonizaron un dispositivo de seguridade conxunto durante a madrugada do sábado.
En concreto as patrullas de ambos os dous corpos de seguridade estableceron controis en varios punto de acceso á localidade.
O resultado destes controis preventivos é que se detectaron 12 condutores que deron positivo en alcol e un no test de drogas.
Dos denunciados por superar a taxa de alcol permitida, 11 deles fórono por vía administrativa, mentres que outro foi denunciado por vía xudicial por superar as taxa considerada como delito.
Os controis levaronse a cabo dentro dunha campaña que pretende disuadir e concienciar aos condutores da importancia de realizar unha condución responsable, ademais de impedir que circulen aqueles que non se atopen en condicións de efectuar unha condución segura.