Deteñen cinco furtivos en Poio con 12 quilos de ameixa
Por Redacción
A Policía Local de Poio incautou, na tarde do sábado, 12 quilos de ameixa que foi extraída de maneira ilegal.
Segundo informan os axentes, foron avisados de que nas proximidades da praia da Illa dos Ratos varios furtivos estaban extraendo o molusco de forma ilegal, polo que dispuxeron un operativo para identificalos.
Cinco dos furtivos eran veciños de Poio e, nun primeiro momento, non levaban o molusco xa que o modus operandi é que extraen a ameixa en sacos e agáchano en diferentes puntos do monte.
Trátase dun grupo organizado que recupera de novo o molusco do monte e logo o vende ilegalmente en bares e restaurantes. Finalmente localizáronse 12 quilos, seis deles de tamaño antirregulamentario.
Relacionadas:
-
Multa de 720 euros a dous furtivos habituais acusados de extraer ameixa xapónica en Poio
Por Redacción |
-
Dous furtivos sorprendidos cando vendían ameixa ilegal nun negocio de Poio reaccionan ameazando aos policías
Por Redacción |
-
Desarticulan unha organización que vendía en Pontevedra ourizos de mar e ameixas do marisqueo furtivo en Portugal
Por Redacción |
-
Multados dous furtivos reincidentes na praia da Ostreira
Por Oskar Viéitez |
-
Deteñen en Poio un grupo de furtivos reincidentes con 18 quilos de ameixa xapónica
Por Oskar Viéitez |