Os casos activos de Covid soben a 20 en Pontevedra e O Salnés tras rexistrarse dous novos positivos
Por Diego Espiño
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta, a 28 de xullo, con 20 'casos activos' de coronavirus, segundo informa no seu balance diario a Consellería de Sanidade.
En concreto estas cifras reflicten que, con respecto ao comunicado o luns, rexistráronse dous novos positivos sen que se producisen altas epidemiolóxicas, o que produce un aumento de dous casos.
Dos afectados, unha persoa permanece ingresada en planta no Hospital de Montecelo, mentres que as 19 restantes evolucionan nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia activado ante a expansión do Covid curáronse no área sanitaria 912 persoas que deran positivo nas probas, manténdose en 16 o número de falecementos asociados ao virus.
A nivel autonómico mantense o aumento nas cifras, xa que segundo a última actualización o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 242, polos 233 do luns. Deles 63 son do área da Coruña, 85 da de Lugo, 7 da de Ourense, 20 da de Pontevedra, 47 do área de Vigo, 20 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 9 en unidades de hospitalización e 232 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 11.236 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 245.003.
Relacionadas:
-
Soben a dúas as persoas hospitalizadas por Covid na área sanitaria, nunha xornada con tres novos positivos
Por Diego Espiño |
-
Un novo positivo e dúas altas reducen a 18 os casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Sete positivos e un paciente ingresado en Montecelo no terceiro día de escalada de casos de Covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Os casos de Covid-19 dispáranse na área sanitaria, con 5 novos positivos e 15 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Repunte de casos de Covid na área sanitaria, con 4 positivos rexistrados nas últimas horas e 11 casos activos
Por Diego Espiño |