A Xunta comeza a execución dunha senda peonil na PO-233 ao seu paso por Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O goberno galego comezou as obras de execución dunha senda peonil no municipio de Cerdedo-Cotobade. O proxecto, que pretende mellorar a seguridade viaria, sitúase nun tramo da estrada provincial PO-233 onde xa hai habilitada zona de circulación peonil independente do tráfico rodado.
A actuación contempla executar unha senda de formigón cun ancho mínimo de dous metros. Para iso demólese o firme actual e naqueles puntos onde o vial non estea pavimentado, escavarase para conseguir un recheo do chan que estea na cota do novo pavimento. Ademais colocarase varanda de protección para os lugares onde hai desnivel importante entre a futura e o terreo adxacente.
O proxecto está prespuestaddo en 47.677 euros, ten un prazo de execución de dous meses e non é necesario realizar expropiacións.
Ditas obras foron supervisadas este martes pola delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Ana Ortíz, acompañada do alcalde do municipio, Jorge Cubela e do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez.
Relacionadas:
-
A Xunta remata a senda entre Ponte Bora e Carballedo
Por Redacción |
-
Alertan de cinco incendios forestais en Cerdedo-Cotobade no prazo dunha hora
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Parada de Tenorio, primeiro lugar do municipio con fibra óptica
Por Redacción |
-
Cubela esixe á Xunta paralizar a "innecesaria" mellora do firme na estrada PO-233
Por Redacción |