A Escola Naval celebra a entrega de Reais Despachos aos novos oficiais da Armada
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
A Escola Naval de Marín (Pontevedra) acolleu este martes 28 de xullo o acto de entrega de Reais Despachos ao alumnado que cursou estudos no último ano neste centro militar.
Foron un total de 112 alumnos correspondentes aos Corpos Xeral da Armada (51), Corpo de Infantería (17), Corpo de Intendencia (26) e Corpo de Enxeñeiros (18), nas súas diversas modalidades de acceso con e sen titulación universitaria previa.
O acto foi presidido polo Almirante Xeral Xefe de Estado Maior da Armada Teodoro López Calderón.
A cerimonia comezou coa imposición de condecoracións e entrega de Reais Despachos aos novos oficiais que obtiveron o número "uno" das súas respectivas promocións. A continuación entregóuselles os despachos ao resto de oficiais. Como despedida desfilaron baixo a bandeira pasando da un en lugar da tres, por motivos sanitarios.
Tras a alocución do Comandante-Director, realizouse o Acto de Homenaxe aos Caídos finalizando cunha salva de honra de fogueo. Este ano lembrouse especialmente aos falecidos por causa da pandemia. O acto concluíu co canto do Himno da Armada.
TITULO UNIVERSITARIO
No caso particular dos alumnos de Corpo Xeral e Corpo de infantería de Mariña mediante a forma de ingreso sen titulación previa, xunto cos Reais Despachos recibiron tamén o Título Oficial de Grao en Enxeñería Mecánica pola Universidade de Vigo, completando así os cinco anos de formación militar, científico-técnica, idiomas e adestramento.
Durante o primeiro cuadrimestre os alumnos de último ano finalizaron os seus estudos teóricos cursando materias do ámbito militar específicas do seu corpo, como Táctica Naval, Sistemas de Armas ou Contabilidade. Ademais, os alumnos que cursaron o Plan de Estudos de cinco anos correspondente á forma de ingreso sen titulación previa complementan a súa formación con materias do Grao de Enxeñería Mecánica tales como Sensores Navais e Fundamentos de Redes de Computadores.
O segundo cuadrimestre orientouse a poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos; en primeiro lugar coa defensa do Traballo de Final de Formación ou de Grao de Enxeñería Mecánica que supón a culminación, a través dun proxecto de investigación, da súa formación científico-técnica. Posteriormente, mediante o embarque en buques, unidades de Infantería de Mariña ou Instalacións do Apoio Loxístico poñen en práctica as competencias específicas do seu corpo, especialmente as relacionadas coa navegación, a táctica, a propulsión ou a construción naval.
O segundo cuadrimestre do curso académico 2019-2020 viu alterado o seu normal desenvolvemento por mor da implantación do ensino a distancia con motivo das medidas excepcionais para facer fronte á pandemia COVID-19. A pesar diso, o emprego do Campo Virtual Corporativo da Defensa, plataforma para a docencia mediante aulas virtuais, permitiu continuar aos alumnos coa preparación dos seus Traballos de Fin de Formación ou de Grao, os cales defenderon vía telemática fronte ao correspondente tribunal.
A partir do 1 de xuño, xa en fase de desescalada, o Subsecretario de Defensa autorizou que os alumnos de último ano embarcasen en diferentes buques e unidades de Infantería de Mariña e Instalacións do Apoio Loxístico ata o 24 de xullo, participando nas diversas actividades operativas que lles permitirá completar a súa formación como futuros oficiais da Armada.
Do mesmo xeito que sucedeu co curso tamén o acto de entrega de Reais Despachos viuse afectado polas novas medidas derivadas da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 que impuxo unhas medidas estritas de prevención e seguridade.
Relacionadas:
-
María Ramallo dá a benvida aos novos alumnos da Escola Naval Militar nun inicio de curso diferente
Por Redacción |
-
A Escola Naval restrinxe os paseos dos alumnos
Por Oskar Viéitez |
-
Defensa recruta a 44 pontevedreses aspirantes a Tropa e Mariñeiría Profesional
Por Oskar Viéitez |
-
Sen os Reis, sen a ministra e sen apenas invitados: así será a entrega de Reais Despachos na Escola Naval
Por Redacción |
-
Defensa estima que tardará dous anos en abrir os espazos militares en Campolongo e Mollavao
Por Alejandro Espiño |